libros de firmas

Dende Blanca Millán querémosche axudar a conseguir eses detalles únicos e persoáis que farán moi especial o voso día.

Por iso traballamos xunto convosco na creación de imaxes que falen de vós e coas que vos sintades identificados.

Aquí poderás atopar todo tipo de papelería ilustrada persoalizada pra que non falte detalle: Cadernos de viaxe, postáis, marcapáxinas, caderniños de notas, libros e mesas de firmas con todo o necesario pra que o día non remate nunca e conservedes en papel os recordos máis especiáis.


LIBROS DE FIRMAS

Se buscades engadir pequenos detalles ó voso enlace sen renunciar ó traballo personalizado e feito a man, un caderno de firmas no que poder gardar os bos desexos de tódolos que vos acompañen no gran día,  é a opción perfecta para vos.

 

Deseñados en exclusiva para cada parella e encadernados artesanalmente.


ÁLBUMES DE FOTOS

Álbumes de fotos ilustrados para cada ocasión: Lúa de mel, bautismo, comuñón, boda, recordos de familia...

Cada recordo merece ser recollido con mimo.

As nosas parellas ilustradas