NOVIDADE!

Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño.

Na illa de Ons vive Benxamín, un pequeno cachalote que devece por saltar, cantar e recitar poesía. Benxamín quere ser coma os golfiños que son os únicos que o fan. Pero, por máis que Benxamín o intenta, só a súa amiga, a tartaruga Minerva o escoita e lle sorrí.

 

Un día, Benxamín enferma de tristura, e todas as gaivotas escuras, os araos, os ratos

e ata os morcegos están moi preocupados. Coa axuda da súa amiga Minerva argallan un plan para que Benxamín volva estar alegre e contento.

 


Aínda non coñeces a MANUELA ?

Agasalla Retratos ilustrados


 Manuela é unha rapaza de aldea que, cumpridos os 17 anos, vai vivir á cidade na procura do seu lugar no mundo, pero pode que este esté mais preto do que pensa...

Buscas un detalle especial, único e diferente?

Que tal unha ilustración personalizada?

Xa dispoñible na tenda!



Quen son?

Soñadora de natureza, ilustradora de profesión e nai por devoción, tralas imaxes de Blanca Millán atópase unha xoven emprendedora coa cabeza chea de ideas e o corazón de paixón.

 

Que fago?

Dende ben pequerrecha, debecía polos lápis de cores e o papel. Co tempo, descubrín que calquera medio é bo pra deixar voala imaxinación. Por iso o meu traballo voa dende a ilustración infantil, pasando polo deseño gráfico, as ilustracións persoalizadas, o deseño de produto ou a vida mesma contada a través de imaxes.

 

Que fas ti aquí?

Se a ti tamén che gusta a ilustración en tódalas súas vertentes, vas casar e buscas detalles especiais, queres botar unhas risas coas nosas Cousas de vivir na aldea, ou simplemente pasabas por aquí, benvido ó meu mundo particular.