Nacín en 1991 nunha pequena aldea de Touro.

Dende ben pequerrecha debecía polos lapis de cores e o papel. Pinto dende que teño memoria e ilustro contos dende que son nai.

Gradueime en Belas Artes na Universidade de Vigo, e posteriormente fixen un mestrado en Libro Ilustrado. 

As miñas primeiras publicacións chegaron  no 2017 con MANUELA e A MAXIA DE MAMÁ, e dende entón xa van máis de 50 títulos e varias coleccións das que son autora íntegra.

No 2023 gañei o premio Alberte Quiñoi de Álbum ilustrado co libro "AS FILLOAS DE MANOLA" e, no 2024 "O GRAN LIBRO DOS NOSOS MONTES" foi galardoado co Premio Follas Novas ao libro mellor editado do ano.

Poderás atopar os meus libros nunha morea de linguas, como o galego, castelán, inglés, alemán, chinés...

Na actualidade sigo a ilustrar novos contos no meu pequeno estudio.

 

 

 

Nací en 1991 en una pequeña aldea gallega.

Desde muy pequeña me encantaban los lápices de colores y el papel. Pinto desde que tengo memoria e ilustro cuentos desde que soy mamá.

Mis primeras publicaciones llegaron en 2017 con Manuela y A maxia de mamá, y desde entonces ya son más de 50 títulos en gallego, castellano, alemán, chinés, inglés... Actualmente sigo ilustrando historias en mi pequeño estudio.

 

Se estás a buscar cores para o teu proxecto e gústache o meu estilo, déixame unha mensaxe.

De seguro que xuntos damos coa mellor maneira de levalo a cabo.

..........

Si estás buscando a alguien que ponga color a tu nuevo proyecto y te gusta mi estilo, déjame un mensaje.

Seguro que juntos encontramos la mejor manera de llevarlo a cabo.

Non esquezas poñela túa dirección de correo electrónico na mensaxe para que poida contestarche

Atención: Los campos marcados con * son obligatorios.