Texto: Ledicia Costas
Ilustración: Blanca Millán
2023 - Deputación de Pontevedra
Talento é un planeta marabilloso que existe grazas á imaxinación das nenas e nenos. As e os seus habitantes enfróntanse a un grave problema: están empezando a desaparecer. Por iso, Alma e Corazón emprenden unha viaxe ata a Terra. Os protagonistas desta historia necesitan atopar a Iria, a única nena que pode entender o perigo que corren e axudalos nesta carreira contra o reloxo pola supervivencia da súa especie…