Na illa de Ons vive Benxamín, un pequeno cachalote que devece por saltar, cantar e recitar poesía.
Benxamín quere ser coma os golfiños que son os únicos que o fan. Pero, por máis que Benxamín o intenta,
só a súa amiga, a tartaruga Minerva, que aínda que lle chaman boba é moi lista, o escoita e lle sorrí.
Un día, Benxamín enferma de tristura, e todas as gaivotas escuras, os araos, os ratos desde as tobeiras
e ata os morcegos desde as covas están moi preocupados. Coa axuda da súa amiga Minerva argallan un plan
para que Benxamín volva estar alegre e contento.
Unha fermosa historia para coñecer un pouco máis a fauna e a flora das Illas Atlánticas.
A través da historia de Benxamín, un divertido representante dos cachalotes que habitan na illa,
demóstrase que se pode conseguir o que se desexa se segues os teus soños.