Juego de niños

Juego de niños” é un álbume ilustrado con texto de R. J. Peralta editado por Cuento de Luz (2019) en España e América Latina, e traducido ao inglés baixo o título “Child´s Play”, para a súa venta nos Estados Unidos.

A Damián gústalle a música, a Mercedes a pintura e a Marcos a escritura. Aos tres lles encanta estar xuntos, pero agora hay algo que lles preocupa. Pronto terán que deixar a súa casa e o seu país na procura dun futuro mellor. Juego de niñosfala da emigración contada dende a mirada creativa de tres irmáns que descobren que o fogar é o lugar no que están a familia e o corazón.

Nas súas ilustracións mestúranse a cor dixital co collage de follas e apuntes dos anos 80 e recortes de periódico das revoltas Arxentinas do 2001, situaicón na que se enmarca esta historia

Juego de niños é un canto de amor á creatividade e ó cambio.

 

MERCAR en castelán.

MERCAR en inglés